Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
‣ Mestrado en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual
Información básica


Mestrado en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual

Este mestrado propón a formación especializada de profesionais de distintos ámbitos na producción e creación de libros e álbums ilustrados e de animación audiovisual “stop motion”. Co programa que propoñemos, a literatura infantil e a animación audiovisual vincúlanse ao coñecemento e á práctica artística, e asócianse ao desenvolvemento da creatividade e á mellora da educación, ademais da repercusión que os seus coñecementos e resultados teñen para a industria editorial, audiovisual, a xestión cultural e o desenvolvemento comunitario en xeral.




Obxectivos da titulación

Formación especializada de profesionais de distintos ámbitos na producción e creación de libros e álbums ilustrados e de animación audiovisual “stop motion”.




Perfil de ingreso

Os alumnos que reúnan os requisitos de ingreso, deberán posuír as seguintes características: capacidade para traballar en solitario e en grupo, capacidade creativa, facilidade para o emprego das novas tecnoloxías, sensibilidade estética e sentido crítico, entre outras.

Como simple orientación, este mestrado está dirixido inicialmente a alumnos que proveñen de estudos similares a Belas Artes, Deseño, Arquitectura, Informática, Pedagoxía, Filoloxía, Cine, Teatro, etc.



Acceso

Estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país de orixe para o acceso a ensinanzas de mestrado.

Tamén poderán acceder titulados de sistemas educativos alleos ao EEES, previa comprobación pola Universidade de que acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondientes títulos universitarios oficiais españois e que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo en posesión do interesado, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar as ensinanzas de mestrado.

No suposto de que o número de solicitudes supere ao número de prazas ofertadas, os alumnos deberán someterse obrigatoriamente á proba de acceso.



Admisión

Ademais do considerado no Regulamento de Estudos de Postgrao da Universidade de Vigo, existirá unha Comisión Académica que garantirá un acceso xusto no caso de que o número de solicitudes de estudantes supere o número de prazas dispoñibles, aplicará os criterios de admisión de alumnado e velará polo cumprimento da lexislación vixente sobre dereitos e obrigas do estudante.

Por criterios docentes, o número máximo de alumnos aos que se lles poida dar unha docencia de calidade, sen necesidade de facer desdobramento de grupos sería 35.

Existirá un período de preinscrición onde o estudante deberá presentar a documentación pertinente e aceptar os criterios de admisión.

Finalizando o período de preinscripción, se o número de solicitudes supera ao número de prazas ofertadas, realizarase unha proba ou exame de acceso especial onde o alumnado terá que demostrar o seu nivel en diferentes áreas de coñecemento. Dado que o alumnado pode provir de titulacións diversas, este exame servirá para coñecer o nivel de polo menos catro aspectos fundamentais deste Postgrao:

1- Destreza co debuxo e modelado
2- Facilidade no manexo de ferramentas informáticas
3- Comprensión literaria
4- Criterios estéticos

Esta valoración engadirase á obtida nos datos da documentación presentada, e servirá para a selección dos alumnos, así como para que a comisión académica recomende ao alumno o seguimento de seminarios ou talleres de apoio creados a tal fin.

A valoración da proba e do curriculum ponderadase segundo o seguinte baremo:

Proba
Destreza co debuxo e modelado: 20 puntos
Facilidade no manexo de ferramentas informáticas: 10 puntos
Comprensión literaria: 10 puntos
Criterios estéticos: 10 puntos

Curriculum
Expediente: 40 puntos
Cursos e traballos relativos ao Mestrado: 10 puntos




Descrición do título


Denominación do título
Mestrado Universitario en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual pola Universidade de Vigo

Universidade solicitante
Universidade de Vigo

Centro responsable
Facultade de Belas Artes
Rúa Maestranza, 2 
36002 Pontevedra
España
sdfba@uvigo.es 
986 801 800

Responsable e coordinador da titulación

José Chavete Rodríguez
chavete@uvigo.es

Descrición da titulación
Centro de adscrición: Facultade de Belas Artes
Rama de coñecemento: Arte e Humanidades
ID do título Verifica: 905/2009, Mec-4310599
Tipo de ensinanza: Presencial
Réxime de estudo: Tempo completo / Tempo parcial 
Nº de prazas anuais de novo ingreso: 35
Periodicidade da oferta: Anual
Nº mínimo de créditos de matrícula: 48 ECTS / ano a tempo completo - 24 ECTS / ano a tempo parcial
Linguas de impartición: Castelan e galego
Nº de créditos a cursar: 120 ECTS
Curso de implantación: 2009-2010

Autorización para a implantación do título
Data de autorización: 3 de decembro de 2009
Data de publicación no DOG: 15 de decembro de 2009

Inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT)
Data de autorización: 2s de xaneiro de 2010
Data de publicación no BOE: 26 de febreiro de 2010

Memoria verificada positivamente (1/7/2008)

Data última acreditación: 10/04/2015

Órgano responsable do Sistema de Garantía de Calidade do título
Comisión de Garantía de Calidade da Facultade de Belas Artes

  Normativa de permanencia na Universidade de Vigo

  Información sobre a expedición do Suplemento Europeo ao Título