Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
‣ Mestrado en Arte Contemporánea. Creación e Investigación
Información básica



Podedes ver o vídeo promocional do mestrado aquí


Mestrado en Arte Contemporánea. Creación e Investigación

O Mestrado Universitario en Arte Contemporánea. Creación e Investigación atende á evolución da práctica artística durante as últimas décadas, afrontando os novos contextos e retos culturais, tecnolóxicos, sociais e económicos.

Apostamos por unha perspectiva interdisciplinar que permita aos estudantes adquirir unha formación avanzada versátil, axustada a unha nova concepción do artista e dos seus campos de actuación.

Este mestrado consta dunha dobre orientación artística e investigadora; potencia aquelas competencias inherentes á produción artística, en todas as súas variantes e desenvolve capacidades de investigación para actuar nun ámbito profesional discursivo ou para unha futura formación en doutoramento.

Os nosos esforzos céntranse na posta en práctica de sistemas de aprendizaxe e indagación que permitan ao estudante desenvolver traballos de creación e investigación de xeito autónomo nun contexto de formación continua, supervisada e titorizada polo profesorado do mestrado.


Obxectivos da titulación

O Mestrado en Arte Contemporánea. Creación e Investigación foi pensado para ofrecer respostas á crecente demanda de profesionais polivalentes capaces de integrarse en campos de traballos interprofesionais, relacionados coa creación plástica en todas as súas modalidades, así como coa difusión e transmisión da arte (comisariado, xestión cultural, dirección artística, gabinetes pedagóxicos...).

No campo da investigación os nosos esforzos céntranse na posta en práctica de sistemas de indagación e aprendizaxe que permitan ao estudante desenvolver traballos de investigación de xeito autónomo nun contexto de formación continua, supervisada e tutorizada polos docentes do mestrado.


Perfil de ingreso

Se ben os licenciados e graduados universitarios en Belas Artes terán prioridade sobre o resto dos solicitantes, o mestrado está destinado aos titulados universitarios procedentes do ámbito das Humanidades (Historia da Arte, Filosofía, Comunicación Audiovisual, Humanidades) e Arquitectos que desexen acceder ao mundo da arte contemporánea nas súas vertentes teórica e/ou práctica, ou ao campo da investigación. Non obstante, a comisión académica valorará as solicitudes dos titulados pertencentes a outras ramas.

Tipo de formación
Presencial

Número de prazas
28



Acceso

Poderán acceder ao mestrado aqueles candidatos que estean en posesión dun título universitario oficial español e outro expedido por unha institución de educación superior do EEES que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de mestrado.

Así mesmo, poderán acceder os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, logo de comprobación pola Universidade que estes titulados acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de postgrao.

O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do que estea en posesión do interesado, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar as ensinanzas do mestrado.

A Comisión Académica do Mestrado avaliará tanto a formación académica do candidato como o seu CV artístico e/ou profesional sobre a base dos seguintes criterios ponderados:

1- Expediente académico da titulación que presenten para o ingreso (30%)
2- CV artístico e/ou profesional do candidato/a, tendo en conta a adecuación dos contidos do Mestrado (30%)
3- Dossier artístico (30%)
4- Carta de motivación (10%)



Preinscrición e matrícula


Datas de Preinscripción:
1º prazo: 22/06 - 02/07/2018
Listado provisional de admisión: 10 de xullo
Prazo de reclamación: 11-13 de xullo
Listado definitivo de admisión: 17 de xullo
Matrícula: 18 - 23 de xullo

2º prazo: 24/08 - 03/09/2018
Preinscrición alumnado: 24/08 - 03/09/2018
Listado provisional de admisión: 7 de setembro
Prazo de reclamación: 08-11 de setembro 
Listado definitivo de admisión: 13 de setembro
Matrícula: 14 - 17 de setembro. 

3ºprazo: 26-27 de setembro 2018
Preinscrición alumnado: 24-26 de setembro
Listado provisional de admisión: 2 de outubro
Prazo de reclamación: 03-05 outubro
Listado definitivo de admisión: 10 outubro
Matrícula: 11-12 de outubro


(Inicio do curso: Luns 24 de setembro de 2018)


Modo e lugar de presentación da documentación

http://posgrao.uvigo.es  (link apartado da convocatoria)
A solicitude formalizarase de acordo co establecido na convocatoria e nos lugares sinalados na mesma. 

Documentación
(Pendente de confirmar, a convocatoria podería contemplar algún cambio)

Documentación xeral (a presentar en todos os mestrado)

Solicitude, debidamente asinada  
Copia DNI  ou pasaporte
Título de acceso ao mestrado (excepto alumnos/as da Universidade de Vigo) 
Certificación académica dos estudos realizados (excepto alumnos/as da Universidade de Vigo)

Documentación específica Mestrado en Arte contemporánea. Creación e Investigación

- Currículo artístico e/ou profesional do candidato/a, tendo en conta a adecuación dos contidos do Máster (1)

- Dossier artístico ou da actividade creativa ou investigadora desenvolvida: segundo proceda, selección de imaxes de obras artísticas, de exposicións comisariadas, de investigacións e publicacións nas que se participou, etc. (máximo 10 páxinas)  

- Carta de motivación que explique brevemente o proxecto que se pretenda desenvolver durante a formación. (1 páx.)

(1) A comisión de valoración, de consideralo oportuno, poderá requirir ao candidato/a que acredite ou achegue documentación, referente aos datos que figuren no CV. 

A valoración será realizada segundo o BAREMO indicado no apartado anterior (acceso).

Tipos de matrícula

Matrícula a tempo completo 
O alumnado que solicite matrícula en réxime de tempo completo, terá preferencia sobre os que soliciten matrícula parcial.

Matrícula a tempo parcial
Os/as aspirantes deberán xustificar  debidamente a solicitude de matrícula a tempo parcial, que será valorada pola Comisión académica da titulación. Teranse en conta para a concesión, os criterios establecidos na convocatoria, tales como: necesidades educativas especiais, traballo, responsabilidades familiares, actividades deportivas de alto nivel … e outras circunstancias que impidan realizar os estudos a tempo completo.

Se a resolución da solicitude de estudos a tempo parcial é favorable, poderase axustar a matrícula aos créditos establecidos para esta modalidade (entre 18 e 47 ECTS por curso académico), atendendo aos criterios e relacións que estableza o correspondente título.

Permítese un mínimo de 30 créditos ECTS por ano, establecéndose o seguinte itinerario:

O Mestrado en Arte contemporánea permite esta modalidade de matrícula, establecendo o seguinte ITINERARIO:

Primeiro ano: 
Deberase cursar como mínimo 12 ECTS do Módulo 1 “ARTE E SABER” e do Módulo 2 “SISTEMAS ARTÍSTICOS” e 6 ECTS de outros Módulos.

Segundo ano: 
Deberanse cursar os créditos restantes.

Materias optativas
Das materias optativas que se ofertan no plan de estudos deste Mestrado, será necesario que o/a alumno/a supere un total de 24 ECTS, a escoller entre os créditos que figuran nos seguintes módulos:

Módulo 3 (Laboratorios de Creación 1 e 2).
Módulo 4 (Laboratorio Interdiscipinar de Creación).
Módulo 5 (Laboratorio Interdisciplinar de Investigación).


+ información de xestión  administrativa: secfba@uvigo.es
+ información de carácter académico: master.arte@uvigo.es


Entidades colaboradoras

Museo de Pontevedra | Fundación RAC | Afundación | MARCO | Fundación Laxeiro | Lab_In |  Culturgal | Auditorio de Galicia |  Cidade da Cultura | Fundación Eugenio Granell | Fundación Luís Seoane |  MAC | Museo Massó | Latamuda |  Galerías de Arte, etc.



Descrición do título

Denominación do título
Mestrado Universitario en Arte Contemporánea. Creación e investigación pola Universidade de Vigo

Universidade solicitante
Universidade de Vigo

Centro responsable
Facultade de Belas Artes
Rúa Maestranza, 2
36002 Pontevedra
España
sdfba@uvigo.es
986 801 800

Responsable e coordinadora da titulación
Anne Heyvaert
master.arte@uvigo.es

Descrición da titulación
Centro de adscrición: Facultade de Belas Artes
Rama de coñecemento: Arte e Humanidades
ID do título Id Verifica: 3383/2010 Ministerio: 4312600
Tipo de ensinanza: Presencial
Réxime de estudo: Tempo completo / Tempo parcial
Nº de prazas anuais de novo ingreso: 25
Periodicidade da oferta: Anual
Nº mínimo de créditos de matrícula: 48 ECTS / ano a tempo completo. - 24 ECTS / ano a tempo parcial.
Linguas de impartición: Castelan e galego
Nº de créditos a cursar: 60 ECTS
Curso de implantación: 2010-2011

Autorización para a implantación do título
Data de autorización: 23 de setembro de 2010
Data de publicación no DOG: 23 de setembro de 2010

Inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT)

Data de autorización: 12 de novembro de 2010
Data de publicación no BOE: 16 de decembro de 2010

Memoria verificada positivamente (16/09/2010)

Data última acreditación: 10/04/2015

Órgano responsable do Sistema de Garantía de Calidade do título
Comisión de Garantía de Calidade da Facultade de Belas Artes


  Normativa de permanencia na Universidade de Vigo

  Información sobre a expedición do Suplemento Europeo ao Título