|
Facultade de Belas Artes de Pontevedra. R/ Maestranza, 2 36002 Pontevedra
fbbaa@uvigo.es 986 80 18 00
|
Convocatoria Xeral de Bolsas e Axudas ó estudio
Convocadas polo Ministerio de Educación e Cultura (B.O.E. do 15 de Xullo de 2009), teranse en conta preferentemente criterios académicos e de renda, e ofrece os seguintes tipos de axudas para o curso académico 2009-2010 para os estudiantes de ensinanzas universitarias:
Axuda para a matrícula.
Axuda para material didáctico.
Axuda para residencia.
Axuda para desplazamento.
Axuda compensatoria.
http:// www.boe.es
Convocatoria Xeral de Bolsas de Mobilidade
Convocadas polo Ministerio de Educación e Cultura (B.O.E. do 15 de Xullo de 2009), están destinadas ós estudiantes universitarios, de estudios superiores e de Grado que cursen estudios presenciais en centros ubicados na Comunidade Autónoma distinta a do seu domicilio familiar
http:// www.boe.es
Bolsas propias da Universidade de Vigo
Entre outras están tamén as chamadas Bolsas-Comedor, para alumnos da Universidade de Vigo matriculados en diplomaturas, enxeñería superior ou técnica, estudios de grao e másters oficiais, que reúnan os requisitos académicos e económicos esixidos na convocatoria.
http:// www.uvigo.es
Bolsas de Colaboración cos Departamentos
As bolsas de colaboración e de iniciación á investigación permiten ao estudiante obter uns coñecementos complementarios aos obtidos na titulación. Mediante colaboracións cos departamentos ou servizos da universidade,durante o periodo dun único curso,o alumno consegue unha formación de utilidade para a súa posterior incorporación ao mundo laboral. A cambio destas colaboracións cos departamentos, servizos ou en proxectos de investigación, o estudiante recibe unha cantidade económica (2341 euros) a modo de axuda de estudos.
http:// www.uvigo.es
Bolsas de colaboración coas aulas informáticas
Como o seu nome indica, o obxeto de estas bolsas e a de colaborar no funcionamento das Aulas Informáticas dos centros nos distintos Campus, podendo establecerse turnos de mañá e de tarde. Poderán solicitalas aqueles estudiantes que estén realizando a Tese de Licenciatura, e que acrediten uns coñecementos de informática que lles permitan desempeñar este traballo. O tiempo máximo de dedicación durante os períodos lectivos e de 15 horas semanais, e de 20 horas semanais nos non lectivos. A dotación económica está suxeita os descontos que por I.R.P.F. estableza a ley. O pago poderase facer efectivo mensualmente según o siguinte baremo:
a) Períodos lectivos 3 € /hora;
b) Períodos non lectivos 3,6 € /hora .
Estas bolsas son compatibles con calquer outro tipo de bolsas, salvo que na normativa de aquelas se establezcan incompatibilidades coa presente.
http:// www.uvigo.es
Bolsas de colaboración na realización das enquisas de avaliación docente
Convocadas polo Vicerrectorado de Docencia e Alumnado , poderán ser beneficiarios os alumnosEstudantes da U. de Vigo que estean matriculados en primeiro ou segundo ciclo no 09/10 e que tamén estivesen matriculados na mesma no curso 08/09. Os criterios de valoración serán académicos e económicos. Concederanse unha cantidade aproximada de 10,8 € por enquisa, ata un máximo de 432 € por cuatrimestre.
http:// www.uvigo.es
Axudas da Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia convoca axudas específicas para a colaboración cos departamentos e tamén para estancias no estranxeiro.
Pograma SICUE ( Séneca)
Programa SÓCRATES ( Erasmus)
http:// www.edu.xunta.es
|