Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo
Información xeral
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Sistema de garantía de calidade
 
Mediateca
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

fbbaa@uvigo.es
986 80 18 00
Delegación de alumnos

Delegación de alumnos

É a estructura organizativa propia que adoptan os alumnos desta Facultade, consonte os Estatutos da Universidade de Vigo.

Segundo se dispón no seu Regulamento, aprobado o 29-04-1999, a delegación de alumnos gozará de autonomía para o exercicio das súas funcións.

Está composta por:

+ representantes dos alumnos da Xunta de Facultade.
+ tódolos alumnos da Facultade interesados en colaborar con ela, e no suposto de non pertenceren á Xunta de Facultade, terán voz pero non voto.

Entre as súas funcións máis importantes destacan: a defensa dos dereitos dos alumnos no ámbito individual e colectivo, actuar como órgano de diálogo coas autoridades académicas no establecemento dunha información adecuada sobre a vida universitaria, así como aquelas inherentes ó seu carácter de representación de alumnos, polo que deberá estar aberta ás suxerencias daqueles.

Dirección: Rúa da Maestranza, nº2   36002 Pontevedra
Tlf: 986801878
Fax: 986801885
E-mail: delegacionbbaa@correo.uvigo.es
Horario: luns a venres de 10:00 a 14:00 h.(salvo en agosto, que permanece pechada)