Universidad de Vigo Galego | Castellano

Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, Universidad de Vigo

Facultade de
BELAS ARTES
 
Ofertas de titulacións
 
Estudantes
 
Mediateca
 
Sistema de garantía de calidade
 
 
 
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
R/ Maestranza, 2
36002 Pontevedra

sdfba@uvigo.es
986 80 18 00
Novas

12/12/2018
Convocatoria reunións Informativas Movilidade Alumnado

17 de decembro
Campus de Ourense
10:00 - 11.30 h
Lugar:  Facultade de Dereito. Aula Magna “Concepción Arenal”.
Xuntanza aberta ao estudantado da Universidade de Vigo
-   Presentación dos programas de mobilidade para o curso 2019-2020

19 de decembro
Campus de Vigo
10.00-11:30 h
Lugar: Facultade de Filoloxía e Tradución. Salón de Actos
Xuntanza aberta ao estudantado da Universidade de Vigo
-  Presentación dos programas de mobilidade para o curso 2019-2020

20 de decembro
Campus de Pontevedra
10:00-11.30 h
Lugar: Escola de Enxeñería Forestal. Salón de actos
Xuntanza aberta ao estudantado da Universidade de Vigo
-    Presentación dos programas de mobilidade para o curso 2019-2020



11/12/2018
Conferencia Dionisio Cañas
Prácticas artísticas de un poeta.
Presenta Manuel Mas

xoves 13 de decembro
12:00 h.
Espazo 16

Programa de Doutoramento  en Arte Contemporánea



10/12/2018
Aberta a convocatoria do Erasmus+ CBHE LAPASSION (Latin-America Practices and Soft Skills for an Innovation Oriented Network)

Encontro de 10 semanas en Montevideo e San Luis (Brasil).  
Destinatarios: Estudantado de Grao ou Mestrado do Campus de Pontevedra.

Ata o 14 de decembro

Toda a info e solicitude online aquí

20/11/2018
Entrevista a Laura Iturralde e Montse Piñeiro polo proxecto Fío, en residencia na Sala X da Facultade

Podes descargar a entrevista en Pdf aquí

Durante o mes de outubro Laura Iturralde e Montse Piñeiro realizaron unha residencia artística na Sala X da facultade, no marco da convocatoria Residencias Paraíso impulsada polo Colectivo RPM. O seu proxecto, Fío, investigou os roles no ámbito teatral e as diferentes formas que pode adoptar esta disciplina ao mudar o seu espazo de acción habitual. Interesadas pola interacción e reaccións do público espectador, confeccionaron un dispositivo escénico partindo da idea de instalación interactiva, onde as persoas que se achegaron á sala foron as encargadas de modificar tanto o relato como os obxectos dispostos no espazo. Xerouse, deste modo, unha sorte de cadáver exquisito onde cada usuario foi parte e promotor dunha das múltiples narrativas acadadas. Os obxectivos: revisar os estándares do proceso creativo da posta en escena, explorar novas fórmulas de implicación co público e darlle a volta ás estruturas narrativas e expositivas habituais empregando dinámicas propias do xogo.

Montse Piñeiro e Laura Iturralde colaboran por primeira vez no proxecto Crosmolatre, realizando a posta en escena dun concerto das bandas Cró! e Trilitrate. En 2015 crean unha produción teatral conxunta, o espectáculo Ganas de Ouvear (coprodución do CDG, TNC e Catrocadeiras). Como escenógrafas destaca o proxecto Resaca, de IlMaquinario, co que obteñen o XXII Premio de Teatro María Casares á mellor escenografía. Como iluminadoras colaboran en Elisa e Marcela de A Panadaría. En 2016 comparten a dirección artística do videoclip Drop de Síntesis Creative Studio e participan tamén en proxectos  como as visuais para Cró! no Festival WOS INC (2015), a publicación Ilustrísima’s ou as intervencións con vídeo de La Fundición.


Vista de sala. Proxecto Fío. Sala X. Facultade de Belas Artes de Pontevedra

A través da convocatoria Residencias Paraíso realizastes unha residencia na Sala X da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde destes vida ao proxecto Fío. Este proxecto buscaba a xeración dun dispositivo escénico non convencional, unha instalación interactiva que iría mudando en función da experiencia de cada usuario. Como expuxestes a dinámica expositiva? 

Partimos de dinámicas escénicas que coñeciamos tanto como espectadoras como creadoras, coma por exemplo o happening, e tentanmos trasladalas a un lugar no que a interacción co público é moito menor. Fálase moito da escaseza de público novo nas artes escénicas, polo que se nos ocorreu que levar un dispositivo escénico a un espazo non convencional podería ser un bo punto de partida para este achegamento. 

Houbo algún guión ou punto de partida?

A nosa intención todo o tempo foi achegar o proceso creativo das artes escénicas a xente que non tiña formación previa nesta especialidade e que, ao mesmo tempo, este proceso tivera unha forma escénica. Para isto démoslle unha motivación ás persoas asistentes para que cada unha contara a súa propia historia (a resolución dun suceso), convertíndoas en narradoras e espectadoras nun mesmo tempo. A idea da aventura gráfica foi o que moldeou principalmente os pasos a seguir á hora de crear esa historia.

Os materiais empregados eran recompilados doutros espazos, obxectos atopados, abandonados ás veces durante anos, que de súpeto están á disposición do público para volver crear novas historias. O feito de que estes materiais poidan entrar e saír da sala, facendo e desfacendo o guión, rememora un pouco a lóxica do cadáver exquisito.

Dalgunha forma queriamos manter a idea de continuidade durante todo o proceso, é dicir, que cada persoa que pasara por alí deixara unha pegada e o noso punto de partida se fora deformando ata transformarse en algo completamente creado polos usuarios. 

Crebar a estrutura clásica do teatro convertendo ao espectador non só en receptor senón tamén en produtor do discurso rompe dous esquemas que se tomaron como norma: o lugar de exposición como espazo impermeable e ao espectador como suxeito pasivo, afeito a non formar parte do proceso artístico. Como foron as respostas do público?

Pois houbo de todo, algunhas persoas máis reticentes á hora e ter que escribir algo e outras entraban dende o primeiro momento na historia. O que pasou en case todos os casos é que se interesaban moito no final do proceso, cando miraban os escritos das anteriores espectadoras e comezaban a ver como cada persoa tiña interpretado eses mesmos obxectos ou como modificaran as pistas que atopaban despois.

Influíu inscribirse no contexto da Facultade de Belas Artes?

Por suposto. Tiñamos claro dende o comezo que queriamos traballar nun espazo que, ademais de non ser convencional, tivera unha relación directa con xente que se está a formar e que veña dun ámbito distinto ao escénico. Para nós é fundamental traballar con xente nova, pois unha consumidora habitual de artes escénicas contemporáneas xa está acostumada a amoldarse a diferentes códigos e a certo nivel de interactuación nun espectáculo. No que nos centramos neste caso é en que sucede se a persoa que ven consumir isto non é público escénico. Teñen outra bagaxe e referencias e a súa maneira de actuar dentro dun espazo expositivo é moi distinta.

Algunha conclusión en relación ao tipo de usuario (formación, hobbies...) e a súa forma de intervir a sala e desenvolver a historia? 

Si, claro. Como viñamos comentando, a bagaxe de cada persoa inflúe moito na súa maneira de interactuar. A xente que viña dun percorrido expositivo máis longo, por exemplo, era reticente a tocar as cousas ou a modificalas. En cambio as persoas máis novas non tiñan ese pudor museístico e interactuaban moito máis. Tamén se vía que a xente acostumada aos videoxogos entraban moito mellor na dinámica e resolvían as probas con maior facilidade. Ao fin e ao cabo o teatro e o xogo parten dunha mesma estrutura de aceptación de roles.

Que diferenzas localizastes entre as dinámicas de interacción co público na sala expositiva fronte a outro tipo de escenarios?

Principalmente ese pudor do que falabamos antes. O feito preconcibido de que non se pode tocar nada. Tamén houbo algún caso de persoas que entraban a mirar e marchaban, o cal nun espazo propiamente escénico non sería normal. O xeito de consumir unha exposición acostuma ser moito máis pasivo e iso inflúe moito cando lle pides a alguén que se comunique neste ámbito.


Vista de sala. Proxecto Fío. Sala X. Facultade de Belas Artes de Pontevedra

Claro. Dalgunha maneira levades o teatro ao museo, aplicando as lóxicas do escénico nun contexto habitualmente habilitado para acoller outro tipo de propostas expositivas. Podería levarse tamén o museo ao teatro?

Perfectamente. En salas non é raro que isto suceda, pois acostuman ser máis versátiles e dispor de varias habitacións. 

Cales serían nese caso as estratexias a seguir e as necesidades técnicas?

Dentro de espazos máis convencionais pode que sexa máis estraño, pensando en escenario ou platea sobre todo, pero acostuma haber espazos anexos, coma o ambigú, corredores, almacéns, tertulia, etc. que se prestan máis para experimentar dentro do lugar. A nivel técnico non deberían existir problemas de adaptación, pois o equipamento do que dispón un teatro acostuma a ser, loxicamente, moito máis completo que o dunha sala de exposicións.

Esta experiencia, achegouvos novas claves que se poidan trasladar ao mundo do teatro? 

En realidade partimos de procesos preexistentes nas artes escénicas. Se cadra están  preto de cousas menos convencionais, pero existen. A compañía Rimini Protokoll traballa moito dende o persoal e o recordo do propio espectador, e foi un dos nosos referentes principais. O interesante para nós neste caso era levar isto a lugares onde non se espera que isto se faga.

Pensades converter o proxecto nun espectáculo convencional? 

En principio non. O noso interese é traballar con persoas que non adoitan asistir a espazos convencionais, polo que para nós ten máis sentido traballar en escolas e centros de formación tanto de cara ao noso estudo como para expandir as artes escénicas a outros ámbitos.


Vista de sala. Proxecto Fío. Sala X. Facultade de Belas Artes de Pontevedra

En canto ás Residencias Paraíso, un dos seus puntos a valorar é que dá prioridade ao proceso fronte á peza final. Neste sentido, de que modo altera o desenvolvemento e formulación do proxecto cando non hai unha esixencia de presentar algo pechado?

O feito de incidir no proceso e non no resultado é algo ao que non estamos afeitas xa que polo xeral sempre existe unha data de entrega, presentación ou estrea. Nós valoramos moi positivamente que non se nos impoña presentar unha peza acabada por moitos motivos. Por unha banda, isto da lugar a explorar máis vías e formas mediante as que levar a cabo o proxecto ata chegar á fórmula que consideramos axeitada. Por outra, non existe esa presión temporal por amosar un traballo rematado. Isto é moi enriquecedor porque te permite traballar dunha forma mais introspectiva, no sentido no que ti mesma decides os pasos en base ao que experimentas en cada momento. Neste caso ademais é esencial, pois son as propias dinámicas cos/as visitantes as que permiten que o proxecto avance. Tal e como o estamos plantexando, este proxecto é en si un proceso.

Outro aspecto importante das Residencias Paraíso é que dan cabida ás artes visuais, do movemento, a escenografía, etc. sen tratar de establecer espazos diferenciados. Isto permite unha aposta polo diálogo e a colaboración, permítenos interesarnos por outras formas de facer. É algo que continúa sendo pouco habitual en moitos ámbitos das artes plásticas, onde tanto a realización como a exposición e recepción do traballo adoita formulase de modo individual. Ás veces é complicado tratar de enganchar ao público se non empezamos pola implicación entre as diferentes partes do sector. Cal é a percepción desde o voso ámbito de traballo?

Tendemos a situar as diferentes formas de creación en compartimentos estancos e isto tamén se percibe desde as institucións. É moi difícil atopar axudas ou subvencións que acepten ou apoien proxectos multidisciplinares: todo está categorizado neste sentido. Cando as liñas existentes entre entre os espazos de creación se dilúen, prodúcese unha apertura maior por parte dos/as espectadores/as. A integración entre disciplinas favorece enormemente o achegamento do público xa que se amplía o seu campo de interese. E pouco a pouco atoparémonos con mais mesturas deste tipo: teatro con música ao vivo, danza con pintura, concertos teatralizados… Por iso, as Residencias Paraíso son un referente neste sentido; por priorizar a creación contemporánea permitindo a fusión entre disciplinas sen poñer límites nas formas de facer.


19/11/2018
FUGAS E INTERFERENCIAS
3rd Performance Art International Conference 2018

O obxectivo do congreso centrarase na análise e reflexión sobre a arte de acción

Datas de celebración: 29 e 30 de novembro e 1 de decembro nas cidades de Pontevedra e Santiago de Compostela (Casa das Campás e CGAC)

Inscrición ata o 29 de novembro

Info e inscrición aquí


13/11/2018
Actividades do programa de doutoramento abertas a todo o alumnado da facultade

- Xoves 15 de novembro 16:30 h.
Espazo 16.
CONFERENCIA "O ELOXIO DO XESTO"
FRANCISCO LARANJO, Catedrático da Facultade de Belas Artes de Porto

- Venres 16 de novembro, 16:00h.
Espazo 16
XORNADAS DO ESTADO DA INVESTIGACIÓN
Relatores: alumnado de 2º ano do programa de doutoramento

PROGRAMA:
16:00 Thomas Apostolou
16:20 Eva Monroy Pérez
16:40 Marcos Covelo Pérez
17:00 Ana Pérez Valdés
17:20 DESCANSO
17:40 Javier Fernández Pérez de Lis
18:00 Alba María Fandiño Gómez
18:20 Marco Costa Moreira



08/11/2018
ELECCIÓNS MEMBROS XUNTA DE FACULTADE

Do 9 ao 15 de novembro prazo de presentación de candidaturas
Lugar:  Secretaría do Decanato da Facultade
(Adxuntar modelo candidatura)


03/11/2018
CONFERENCIA DE PETER FREUND

                   

01/11/2018
Curso-taller Fab Lab no campo expandido. Planificar-construir

PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO. CURSO GRATUITO

O obxectivo do taller é desenvolver competencias ligadas á planificación e construción de instalacións artísticas, analizando as distintas fases do proxecto dun caso de estudio: Birdwatching, un proxecto artístico de Paul Guy, comisariado por Anxela Caramés.

Birdwatching presentouse na Cidade da Cultura en maio de 2018, formando parte de (Reb)veladas na Paisaxe, un ciclo de tres intervencións artísticas nos espazos naturais do Gaiás. Neste taller teórico-práctico exponse a adaptación do proxecto trasladándoo á contorna da Facultade de Belas Artes. Birdwatching achega un observatorio de paxaros como nova infraestrutura para a Facultade. O seu uso está destinado a calquera visitante e anímase ao alumnado a participar no desenvolvemento de novos contidos e a reflectir as súas impresións sobre o contexto urbano e académico onde estará situado.

Anxela Caramés:  comisaria, crítica de arte e xestora cultural. Doutora en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia (2016) e Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (1999).

Paul Guy: a partir de 1991 en Nova York traballa e colabora con distintos profesionais, incluíndo o estudo de Richard Meier and Partners Architects, o crítico de arte William S. Wilson, Ray Johnson. Traballou na produción e coordinación de exposicións en varias galerías de arte neoiorquinas. Desde 2003 forma parte do equipo do MARCO de Vigo.

PROGRAMA

Xoves 8 Novembro (9:30-13.30)
Presentación do proxecto. Anxela Caramés aborda cuestións relacionadas co comisariado da instalación e Paul Guy fala sobre o deseño, construción e montaxe. Expóñense cuestións sobre de como adaptar o proxecto á nova contorna e lograr a implicación dos alumnos. 
Comisariado de exposicións: introdución ás dinámicas de traballo e xestión a través de proxectos expositivos desenvolvidos por Anxela Caramés.

Venres 9 Novembro (9.30-13:30)
Montaxe de exposicións: Paul Guy analiza desde un punto de vista técnico e práctico algunhas das montaxes realizadas no MARCO. Recursos empregados, deseño, loxística e solucións técnicas.

Xoves 15 Novembro (9.30-13.30)
Montaxe da obra Birdwatching xunto co artista e a comisaria na Facultade.

Venres 16 Novembro (9.30-13.30)
Finalización da montaxe. Colocación de fichas. Avaliación do resultado. 

*Inclúese un exercicio práctico/técnico acerca de cuestións de comisariado e montaxe de exposicións que o alumnado realizará en grupo (2 sesións de 2 horas)


INSCRICIÓN aquí

                



Archivo de noticias